O BNG quixo desenvolver un acto símbolico para evidenciar a actiude de desleixo fronte a lingua que mantivo durante todos estes anos o goberno municipal e que se exemplifica na última campaña posta en marcha polo goberno local, o plan de dinamización comercial do centro, que incumpre a Ordenanza Municipal de normalización lingüística na que especifica que a lingua oficial do concello de Ferrol é o idioma galego, denunciando que esta campaña esta toda en castelá, tanto os trípticos como a cartelería e a paxina web.
O Grupo Municipal nacionalista quixo facer coincidir este acto co día no que o Goberno Local ten convocado o Consello Municipal da Lingua, unha convocatoria que se fai como se se tratara dun acto ritual, no que só se inclue un único punto da orde do día: posicionarse sobre a candidatura de Ricardo Carvalho Calero ao Día das letras Galegas; lembrando tamén que este tema é unha proposta que xa esta aprobada en reiteradas ocasións polo pleno da corporación municipal e na que todos os grupos da corporación están dacordo e fronte a que a figura de Carvalho Calero este goberno municipal non ten ningún compromiso real como se evidencia no estado no que se atopa a propia vivenda deste personaxe representante da lingua e cultura galega e como se evidencia no feito de que este goberno municipal non ten nas súas bibliotecas públicas a obra completa do profesor ferrolán
Con esta acción, o BNG o que quere é reivindicar o feito de que no Concello de Ferrol é preciso que se cumpran as propias ordenanzas das que se ten dotado a propia administración municipal, entre elas a de normalización lingüística, algo que segundo os nacionalistas, os membros do Goberno Local non acatan e incumpren desde que chegaron ao goberno desta cidade.