O BNG acusa ao presidente da Mancomunidade de desleixo e frivolidade ante o naval

rosana perez bng O BNG acusa nun comunicado ao presidente da Mancomunidade  «de desleixo e frivolidade fronte á situación crítica do naval».

O BNG di que «O gabinete da alcaldía do concello de Ferrol – neste caso, en calidade de presidente da Mancomunidade – vén de remitir á deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez unha comunicación, que adxuntamos a seguir

Estimada deputada,

Póñome en contacto con vostede dando continuidade ao escrito de 11 de xuño no que lle solicitabamos unha reunión cunha representación de alcaldes da comarca de Ferrolterra para abordar a dramática situación que atravesan os estaleiros da ría de Ferrol.

Quero trasladarlle primeiramente o agradecemento do alcalde de Ferrol como presidente da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol pola boa disposición amosada no seu escrito de 24 de xuño e ao tempo solicitarlle que dito encontro poida celebrarse o vindeiro 29 de outubro en Madrid

Agardando a súa resposta, reciba un saúdo.

Resposta aos catro meses

Esta resposta – que se produce perto de catro meses logo da carga que fora remitida ao presidente da Mancomunidade, e que adxuntamos – pon de relevo novamente a denuncia que fixera no seu momento o BNG a respecto da utilización partidista e manipuladora que o PP está a facer da crítica situación do naval na ría de Ferrol. A falta de rigor e respecto – mesmo poderiamos dicir, de educación – demostrada agora polo Presidente no tempo que tivo “conxelado” este asunto, contrasta coa cínica posta en escea que tiña feito cando tomara a iniciativa ( ? ) da reunión dos alcaldes con representantes dos grupos con presenza no Congreso.

¿Cómo se pode entender que adopte unha iniciativa en nome da “situación dramática que atravesan os estaleiros da ría de Ferrol” e se tarde perto de catro meses en darlle resposta á comunicación que con toda axilidade tiña feito a deputada do BNG? Evidentemente, o concepto de axilidade e capacidade do PP para abordar solucións ao sector – que xa se pon de manifesto no mutismo e desprezo que se lle fixo á comarca logo da folga do pasado 12 de Xuño – queda de novo en evidencia no presente caso.

O BNG , ao tempo que se ratifica na comunicación que a nosa deputada fixera ao Presidente da Mancomunidade o pasado 24 de Xuño – rexeita enérxicamente que o PP siga primando coa política de intoxicación e mentiras a respecto da gravísima situación do naval na ría de Ferrol, e ocupándose exclusivamente do balbordo mediático fronte ás solucións concretas; como se demostrou ás claras no feito da fuxida ás preguntas concretas que sobre o tema lle formulou o BNG no debate do Parlamento Galego celebrado esta semana. Na axenda do PP, o naval da ría de Ferrol non existe.»

 

 

Lea también

Los trabajadores de Navantia Ferrol secundarán este jueves un paro de 24 horas

Los trabajadores de Navantia Ferrol han aprobado este lunes, en asamblea, secundar el próximo jueves, …