Reunións vecinais en Cervás e Chanteiro convocadas polo BNG de Ares

cervasO BNG desenvolverá este sábado, día 5, reunións veciñais en Cervás e Chanteiro para abordar a situación derivada do feito que a Deputación non teña executado a día de hoxe o proxecto de ampliación da calzada e seguridade vial na estrada Ares-Chanteiro, que fora aprobado no ano 2008 cun orzamento de 1.798.261,74 €; e para o que se tiña feito incluso o proceso expropiatorio.

As reunións veciñais desenvolveránse o sábado ás 11,30 h. no “Centro” de Cervás e ás 13 horas no Centro Cultural “Outeiro” de Chanteiro; coa participación de representantes do BNG, nomeadamente do seu portavoz municipal, Emilio Mesías Farías.

Esta iniciativa – que non descarta mesmo medidas de presión posteriores – prodúcese logo do malestar xeral evidenciado na veciñanza logo de que se executaran recentemente as obras de reparación do firme da estrada; o que por parte de moita xente se interpreta como unha manobra da Deputación para que, coa excusa desta reparación, non se execute o proxecto aprobado no seu día e que, en realidade, sería a única solución aos problemas de seguridade vial que prantexa esta estrada.

ChanteiroAs obras que remataron hai poucos días non só non resolven os problemas derivados dunha calzada estreita na que a duras penas poden cruzarse dous veículos e, desde logo, onde os peóns non dispoñen de espazo para circular; o que crea situación de alto perigo nos núcleos de Lubre, Cervás e Chanteiro.

Hai que lembrar, ademáis, que o pleno do concello celebrado o 27 de Setembro do pasado ano tiña aprobado unha iniciativa do BNG na que se pedía que a Deputación incluise unha partida para abordar o proxecto aprobado no seu día, e que tamén recentemente o Deputado Provincial do BNG, Xesús Soto, fixo unha petición demandando o mesmo.

 

 

 

Lea también

Abierto el plazo en Neda para pedir cita previa para pasar la ITV agrícolas

El Ayuntamiento de Neda informa que la unidad móvil de inspección técnica de vehículos agrícolas …