O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol realizou unha valoración negativa do programa de festexos de verán.
Mediante un comunicado sinala que «desde o BNG cremos que as festas debían servir de escaparate da nosa cultura, da expresión artística e da creatividade dos galegos e das galegas e estas non poden estar desaparecidas das nosas festas.
Desde o BNG cuestionamos a desaparición de calquera tipo de manifestación artística galega e en galego e non só as referidas á musica tradicional. Unha cuestión recorrente que apunta a un modelo de xestión en materia cultural acomplexado que pretende negar a nosa realidade e as nosas capacidades de expresión artística.
Desde o BNG constatamos que desde a entrada do PP no Goberno municipal, todas as manifestacións artísticas e culturais que se vehiculizan en lingua galega que se corresponden con grupos do país están sendo marxinadas do programa do Concello de Ferrol. En Galiza temos un tecido cultural rico e diverso no que existen grupos e artistas de grande calidade, con prestixio recoñecido mundialmente, non só no ámbito da música folc ou celta, senón tamén noutros estilos como a musica clásica e outros ambitos que non se teñen en conta para a súa participación nas festas.
Para o BNG este feito é preocupante polo que significa de negación do propio e do País, pero tamén pola falta de apoio ás artes escénicas e musicais de Galiza é tamén a falta de apoio á creación de riqueza que reverte neste País. Cremos que a língua e a cultura propias son un valor e o Concello como institución ten que axudar a promovelas.
A esto hai que sumarlle a decisión de contratar a unha empresa que nada ten que ver coa nosa realidade para a elaboración dos conteudos das festas para os dous próximos anos o que acentuará todavía máis esta tendencia a marxinar a nosa capacidade de producción artística, e o gasto derivado do acondicionamento do Sánchez Aguilera para a celebración destes eventos cando este espazo permanece no máis absoluto abandono por parte da administración local e central.
Estas decisións demostran que desde o Goberno Municipal continúase a minusvalorar a nosa produción artística co obxectivo de anular a nosa capacidade de expresión propia. Cremos, desde o BNG, que as festas deberían servir como mecanismo de promoción e desenvolvemento deste sector en Galiza e as administracións teñen a obriga de alentar estes obxectivos e non irmos constantemente a ambitos foráneos que non teñen vínculos de ningún tipo co tecido cultural galego co fin de axudar ao seu crecemento.»
El BNG no se entera de que en Ferrol hay más rockeros que peña que escucha música tradicional, vosotros sois iguales de los del PP sólo mirais lo que os conviene a vosotros. Saludos de un rockero rojo y las fiestas que hizo Bello unha merdiña tamen.