O grupo municipal socialista defensa a profesionalización do servizo de socorrismo

socorristas-playas-01O Grupo Municipal Socialista, a través do seu concelleiro Jaime Pena, defende a profesionalización do servizo de socorrismo, que levouse a cabo no anterior mandato, e que o Grupo Socialista ven de requirir ao goberno local dende a chegada ao goberno.

Neste senso, os socialistas entenden que o método de xestión axeitado para este servizo público, é a profesionalización do servizo, para que quenes se xogan a vida na tempada de verán protexendo a seguridade da cidadanía que se achega aos areais ferrolás, poidan facelo cun contrato de traballo e cotización á seguridade social, como corresponde, poñendo en valor o traballo realizado; en contraposición coa forma de proceder do goberno local.

Así, o concelleiro socialista manifesta que os últimos acontecementos demostran que a fórmula máis axeitada e transparente, é a contratación pública do servizo, mediante negociado con publicidade.

Cuestión que non so pensamos nosoutros, curiosamente tamén considera axeitado este procedemento a Unión Europea, considerándoo como un requisito para a obtención dos distintivos europeos de bandeiras azuis”.

Así mesmo, o Grupo Municipal Socialista desmente que o goberno local aforrase coa súa forma de proceder. Jaime Pena manifesta que o goberno local non aforrou cartos públicos para dar o servizo de prevención e salvamento nas praias do Concello de Ferrol. Neste senso, os e as socialistas lembran que no goberno anterior o servizo de socorrismo tiña unha duración continuada na tempada de verán, servizo prorrogado a maiores nos casos nos que se mantivera o bo tempo, e cun maior número de profesionais.

En contraposición, o “suposto” aforro do goberno local tradúcese nunha menor calidade do servizo, cunha menor prestación e duración do mesmo: dous meses fronte aos tres meses e medio do anterior mandato, e con menos persoal.

Finalmente, os socialistas lembran que propuxéronlle ao goberno local fai meses un plan de xestión integral dos areais, que contempla melloras nos servizos prestados, conxugando promoción e seguridade dos areais, e que segue sobre a mesa.

 

Lea también

La muestra de vehículos de carreras eléctricos abre la semana de la movilidad de Ferrol

El circuito de seguridad vial se traslada al jueves ante la predicción de lluvia para …