A pintora Carlota Cuesta doa debuxos e cadros ao Museo do Humor de Fene

fene-museo humorA pintora Carlota Cuesta doa debuxos e cadros ao Museo do Humor de Fene

Trátase de cinco debuxos humorísticos que datan da década dos 70 e que o propio Forges entregou no seu día ao seu pai, o tamén debuxante Ismael Cuesta. A maiores, Carlota Cuesta entregou ao concello de Fene dous dos seus “Divertimentos” (composicións realizadas con pequenas pezas de madeira nas que se recrean distintos tipos de personaxes). Concrétamente, son dous forzudos que pertencen á serie “Viva el circo”.

As obras, entregadas á concelleira Rocío Bértoa, pasarán agora a formar parte dos fondos do Museo do Humor de Fene, podendo exhibirse nas súas dependencias, en mostras itinerantes ou publicacións desta institución.

“Carlota Cuesta nace, vive e pinta na Porta do Sol de Madrid, e en Galicia na Costa da Morte. É neta do fotógrafo Amador, filla do debuxante Ismael Cuesta, e afillada do pintor e Director da Academia de Belas Artes en Roma, Joaquín Valverde.

 Realiza estudos de debuxo e pintura no Museo de Reproduccións Artísticas, na Escola de Artes e Oficios, na Escola de Belas Artes de San Fernando, e no Círculo de Belas Artes de Madrid.

 Lectora voraz e apaixonada polo mundo da Arte, percorre bibliotecas e Museos, iniciándose no que será unha inesgotable, intensa e crítica formación”.

 

Lea también

Ya está en marcha un nueva rondalla en Ferrol, «Nas ondas do Mar», tras la ruptura con el Club de Campo

Tras una leve la tempestad en el mundo rondallístico ferrolano al notificar el Club de …