O alcalde de Neda convoca unha concentración silenciosa

galicia lutoO Concello de Neda quere manifestar o seu máis profundo pesar polo dramático accidente ferroviario acontecido nas inmediacións de Santiago de Compostela.

Quere transmitir a solidariedade da Real Vila aos familiares das vítimas e trasladar todo o apoio aos feridos e ás súas familias.

Do mesmo xeito, dende Neda quérese agradecer a dedicación e o esforzo tanto dos profesionais sanitarios e de emerxencias como dos voluntarios que socorreron ás vítimas, aos que doaron sangue e aos que acudiron á zona do sinistro para ofrecer a súa axuda.

Infórmase tamén que o Concello de Neda decretou sete días de loito oficial, suspensión dos actos programados e as bandeiras ondean a media asta como homenaxe aos falecidos no accidente.

Por último, o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, quere facer un chamamento á cidadanía para que acuda este venres, ás 12 horas, á praza da Casa do Concello e secunde a concentración silenciosa de cinco minutos en lembranza das vítimas e mostra de duelo.

Lea también

Inscrición aberta en Fene para asistir ao espectáculo de narración oral Onde nacen os monstros

Nova sesión de contacontos na Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé de Fene, desta vez baseada …