Presentación da publicación «Construindo pontes» en Fene

ConstruindopontesEste mércores, día 3 , ás 20:00 h. na Casa da Cultura de Fene, o grupo de traballo do proxecto de Envellecemento Activo e Participación Social presenta a publicación «Construíndo Pontes«.

«Construíndo Pontes»

A Área de Servizos Sociais, Igualdade e Educación do Concello de Fene desenvolveu un proxecto de Envellecemento Activo e Participación Social subvencionado pola Deputación da Coruña.

No marco deste proxecto levouse a cabo un programa de recuparación da memoria histórica de Fene, que agora ve a luz en forma de publicación na que se recollen aqueles oficios propios da nenez dos/das participantes, a súa evolución, o impacto da construción naval na estrutura social e económica do Concello, o traballo das mulleres no estaleiro e as consecuencias da reconversión do sector naval.

En «Construíndo Pontes» salienta a valiosíma contribución que as persoas que participaron neste grupo de traballo fan ás xeracións máis novas e ao conxunto da veciñanza de Fene.

Logo da presentación da publicación terá lugar unha charla-coloquio entre representantes do grupo de traballo e as persoas asistentes, faladoiro que nos permitirá compartir vivencias e manter viva a historia inmaterial do noso Concello para, deste xeito, promover o debate, o intercambio de información e a transmisión interxeracional.

Ao remate do acto distribuiranse exemplares de «Construíndo Pontes».

 

 

 

 

Lea también

MIRALLAS presenta no CIRS de Cervás, Ares «elas pintan moito» no marco do 25N

Este sábado día 23, o grupo MIGALLAS porá en escea o espectáculo “ELAS PINTAN MOITO”; …