O concello de Neda pon en marcha o programa «Conciliamos xogando»

conciliamosO Concello de Neda ofrecerá ás familias o programa “Conciliamos xogando”, un servizo de atención á infancia para permitir que os pais e nais da localidade compatibilicen a súa vida persoal e familiar coa laboral durante as vacacións escolares.

Conciliamos xogando” arrancará o próximo 8 de xullo e prolongarase inicialmente ata o día 31. O escenario principal será o colexio público San Isidro e, complementariamente, utilizaránse as instalacións da piscina municipal.

Trátase dun servizo gratuíto, con custe cero para os usuarios, e está pensado para nenos e nenas de 3 a 12 anos. De feito, en días pasados, a Concellería de Educación e Cultura remitiu unha circular aos centros educativos da vila para informar da iniciativa e animar á inscripción. Así, aqueles que estean interesados en participar deben dirixirse á Casa da Cultura e anotarse.

Organizado pola Concellería de Igualdade, o programa “Conciliamos xogando” está cofinanciado polo Concello de Neda e a Deputación Provincial da Coruña. Ofrece aos nenos e nenas unha oferta de actividades de ocio didáctico e, entre estas, xogos ao aire libre, talleres de manualidades, inglés, de disfraces ou sesións de piscina.

 

 

 

Lea también

Pilar Lozano Yáñez foi elixida responsábel comarcal do BNG

O BNG continúa o proceso de renovación dos seus organismos de dirección despois da celebración …