Sestayo denuncia a “estafa continuada” dos Gobernos do PP co dique flotante

beatriz sestayo-28-aA secretaria xeral dos socialistas de Ferrol, Beatriz Sestayo, informou na mañá deste mércores,día 19, acompañada de membros da executiva local, sobre as diferentes xestións que están a facer dende o seu partido para suplir a “neglixencia, pasividade, indolencia e insensibilidade” de todos e cada un dos Gobernos do PP.

A deputada autonómica anunciou, dunha banda, as iniciativas parlamentarias presentadas por ela mesma na Cámara Galega sobre a suposta consulta a Europa “que volven sacar da chisteira os populares”, para coñecer qué proxecto acompaña a dita consulta e baixo qué tipo de cofinanciamento ou axuda quere acollerse, entre outras cuestións. A este respecto, Sestayo asegurou que a día de hoxe e consultados técnicos europeos sobre a presentación do proxecto do dique con propostas de viabilidade de financiamento que se acollan a algún tipo de axuda europea, éstes informan de que «non lles consta» dita presentación por parte do Goberno de España. Os socialistas lembran que existen fondos de cohesión, estruturais e outros tipos de axudas para zonas prioritarias cos que se podería financiar o dique flotante en Navantia e alertou que Galicia perderá fondos estruturais do 2014 “mentres a Xunta segue tomando o pelo ata a desesperación”, dixo.

Na mesma liña actuará a deputada socialista no Congreso Paloma Rodríguez,  como anunciaron na rolda de prensa os representantes do PSdeG-PSOE de Ferrol, tamén dirixirase ao Goberno, neste caso do Estado, para interesarse pola suposta consulta a Europa acerca do dique flotante.

Antolín Sánchez Presedo en Ferrol

E para explicar os temas que se atopan na Unión Europea relativos á comarca e detallar polo miúdo o vencellado co dique flotante e a súa viabilidade e posibilidade de recibir axudas da UE viaxará a Ferrol o vindeiro día 29 o eurodiputado socialista Antolín Sánchez Presedo, tal e como avanzou Beatriz Sestayo.

Estas declaración realizáronas os socialistas no día no que paradoxicamente se cumplen seis anos da adxudicación do último pedido a Navantia por parte de Australia, que se levou a cabo durante o Goberno de Zapatero e significou o maior pedido da historia do estaleiro, cun investimento de 1.185 millóns de euros e 10 millóns de horas de traballo, e tamén se cumplen, neste caso nove meses, do anuncio de Feijóo de construcción dos floteis por parte de Barreras e Navantia. Un anuncio que ata o momento é unicamente unha “tomadura de pelo” máis e un exemplo da “desfachatez” do PP con esta comarca.

Así as cousas, Beatriz Sestayo pediu unha vez máis a dimisión do alcalde, José Manuel Rey Varela, ao que dixo que “estes momentos non son para conmoverse, senón para moverse”.

 

 

 

 

Lea también

Los trabajadores de Navantia Ferrol secundarán este jueves un paro de 24 horas

Los trabajadores de Navantia Ferrol han aprobado este lunes, en asamblea, secundar el próximo jueves, …