Asinado un convenio para construir a primeira escola infantil da rede autonómica en Pontedeume

Beatriz Mato asina co alcalde de Pontedeumeo convenio de colaboración para a construción da nova escola infantil deste municipio.A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou este luns,día 3, e co alcalde de Pontedeume, Gabriel Torrente, o convenio para a construción dunha nova escola infantil en  Pontedeume, que se se vai converter na “primeira da rede A Galiña Azul do concello e de toda a comarca do Eume”.

Así o destacou hoxe a titular do departamento autonómico, durante a sinatura deste acordo. A nova infraestrutura contará cun total de 5 unidades para nenos e nenas de 0 a 3 anos. O investimento para a súa construción achégase aos 700.000 euros.

Esta infraestrutura é unha nova proba da nosa aposta por facer posible a conciliación da vida laboral, persoal e familiar”, subliñou Mato, quen destacou que este é “un dos retos do noso tempo”. Por iso, a conciliación constitúe un dos eixes principais do Plan de dinamización demográfico, aprobado polo Parlamento de Galicia o pasado mes de abril.

Ao tempo que facilita a conciliación, a escola infantil permitirá tamén achegar aos veciños e veciñas unha educación de calidade para os seus nenos e nenas.

A conselleira non só se referiu aos beneficios da escola infantil en si mesma, senón que quixo facer fincapé no “imprescindible diálogo e colaboración” que se debe manter cos concellos, neste caso con Pontedeume, para traballar da man sempre a prol do benestar e calidade de vida dos galegos e galegas.

Precisou que a colaboración con Pontedeume deu máis froitos que esta nova escola infantil. En concreto, salientou o investimento o ano pasado de 185.000 euros para o Servizo de Axuda no Fogar para persoas dependentes.

“As nosas políticas van seguir tendo ás persoas como destinatarias, cunha especial atención para os desempregados, así como para aqueles que se atopan en risco de exclusión social”, indicou Mato.

 

3.500 novas prazas

A construción desta escola infantil inscríbese na aposta do Goberno galego por poñer en marcha máis servizos que faciliten a conciliación, a educación e o benestar. Desta aposta “dan fe as 3.000 novas prazas públicas en centros de 0 a 3 anos postas en marcha na lexislatura pasada, un 55 por cento máis que na anterior”. Só na provincia da Coruña foron 1.400 as prazas que se crearon desde 2009, o que supuxo un 76 por cento de incremento.

Este compromiso vai ter continuidade, xa que na presente lexislatura está previsto crear 3.500 novas prazas, das que 2.100 xa están planificadas, asinadas en convenios e comezarán a executarse ao longo do presente ano.

Gran parte destas futuras prazas corresponden á provincia da Coruña. En concreto, xa están planificadas preto de 1.000 prazas na provincia.

 

 

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …