A Real Vila de Neda prepara o seu Mercado Medieval

montse rico nedaA Real Vila de Neda celebrará a terceira edición do seu Mercado Medieval a segunda fin de semana de xuño, os días 7, 8 e 9. Unha cita promovida pola Concellería de Promoción Turística coa que o casco histórico do municipio retrocederá varios séculos no tempo para acoller máis de medio centenar de postos de artesanía e productos gastronómicos, así como continuos espectáculos a pé de rúa.

Así mesmo, o Concello recuperará no seu Mercado Medieval o maravedí, a antiga moeda española, aquela que se empregaba entre os séculos XI e XIV. Neste senso, a edil de área, Montse Rico, avanzou que o banco local que o Concello habilitará para facilitar o troco de euros por maravedíes e asegurar a liquidez dos futuros clientes dos postos estará ubicado na casa consistorial. Os maravedíes entrarán en circulación o sábado, xornada durante a cal todas as compras deberán facerse con esta moeda. Trátase dunha iniciativa que o Concello pretendía pór en marcha na pasada edición, pero que finalmente non foi posible activar por mor do mal tempo.

Arranca o venres 7, pola tarde

A falla de pechar a programación definitiva, a concelleira de Turismo, Montse Rico, avanzou que o Mercado arrancará o venres 7 mercado medieval nedade xuño pola tarde e permanecerá aberto durante o sábado, día 8, e o domingo, día 9. En ambas xornadas, en horario de mañá e tarde, ata a medianoite, como mínimo.

Neste senso, a edil fai un chamamento á cidadanía para que acuda a Neda e disfrute do ambiente do Medievo. Apuntou que o obxetivo é igualar ou mellorar as cifras de visitantes das anteriores edicións, cando se achegaron á Real Vila unhas 30.000 persoas.

A oferta do Mercado estará integrada por uns cincuenta postos de artesanos, que ofrecerán todo tipo de productos como cerámica, coiro, bisutería, xabóns, velas ou gastronómicos como embutidos, doces, queixos… Xunto a eles, tabernas e postos de degustación de diferentes pratos e bebidas. Todo isto, e xunto á animación a pé de rúa, co ánimo de garantir un ambiente 100% medieval e un motivo máis para visitar Neda nestes días.

O Mercado Medieval de Neda contará de novo cun Rincón Infantil que fará as delicias dos máis pequenos da casa. No mesmo, monitores especializados guiarán os xogos de nenos e nenas a partires de tres anos. Ademáis, poderán disfrutar tamén dos paseos nunha carruaxe tirada por ponis ou montarse en atraccións como a barca vikinga ou o carrusel. De igual modo e ao longo das tres xornadas que durará o Mercado, as rúas do casco histórico acollerán un sinfín de espectáculos de lanzachamas, malabares, contacontos, teatro e, sobre todo, moita música. Sen dúbida, unha cita para non perderse.

 

 

 

Lea también

Pilar Lozano Yáñez foi elixida responsábel comarcal do BNG

O BNG continúa o proceso de renovación dos seus organismos de dirección despois da celebración …