Os estudantes do colexio Maciñeira de Neda participaron nunha visita guiada á Biblioteca

colegio maciñeira

Un total de 41 estudantes do colexio público Maciñeira de Neda dos cursos de 1º e 4º participaron esta mañá nunha visita guiada á Biblioteca Municipal. A actividade incluíu un taller de elaboración de marcapáxinas, un percorrido polas instalacións e unha sesión de contacontos. O obxetivo: fomentar o hábito da lectura entre os escolares e gañar novos socios e socias para a Biblioteca.

A actividade foi promovida pola Biblioteca do propio centro educativo en colaboración co departamento municipal de Cultura e Educación. Así mesmo, esta acción terá continuidade o próximo xoves e, nesa ocasión, participará un grupo de 35 alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria do mesmo centro.

Esta mañá, e rematando a actividade, o persoal da Biblioteca invitou ao alumnado a facerse socio do centro e, en próximas datas, a Biblioteca programará una sesión de contacontos na que fará entrega dos correspondentes carnets.

Lea también

Noventa niños participan en el campamento Neda concilia

El Ayuntamiento de Neda ha puesto en marcha este lunes el campamento de verano “Neda …