O BNG de Ferrol defende unha república galega, soberana e democrática

BNGO Bloque Nacionalista Galego de Ferrol  enviou un comunicado aos medios  informativos no que indica  que no día da conmemoración da república de 1931, no 14 de abril,» quere manifestar a necesidade de camiñar cara unha nova sociedade onde as relacións entre as persoas e os pobos se fagan en pé de igualdade, e non en base a criterios de xerarquía e queremos manifestar neste día o dereito dos galegos e galegas á República de Galiza.

Para o BNG, o inicio debe ser recoñecer a diversidade, admitir a igualdade na pluralidade, cambiar as relacións de poder e a natureza dos estados e esto significa profundos cambios políticos e non simples mudanzas na forma do Estado. Con este fin apostamos por relacións que se cimenten no respecto mutuo e no diálogo simétrico e sincero.

Estamos no momento para afondar nos cambios que precisan as nosas nacións, desenvolvendo os mercados internos, reafirmando o dereito a decidir dos pobos, promovendo os nosos proxectos industriais como o sector naval, propoñendo, por tanto un modelo oposto ao modelo da especulación, a desigualdade e da concentración do poder económico e político.

Desde o BNG aspiramos a relacións respectuosas entre os pobos e as persoas sen necesidade de falsos protectorados.

Para o BNG é fundamental que os galegos e galegas poidamos decidir as nosas propias formas de goberno e a maneira de relacionarnos con outros pobos, reafirmando así o dereito á libre decisión sobre o noso propio futuro.

Unha forma alternativa de concibir a sociedade e a natureza, que permita que poidamos vivir do noso traballo, como a construción naval e preservar o noso contorno vital como a nosa ría e o noso patrimonio cultural e histórico»

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …