O Concello de Neda organiza visitas guiadas para escolares á biblioteca, con sesión de contacontos

biblioteca nedaO Concello de Neda organizará a próxima semana visitas guiadas ás instalacións da Biblioteca Municipal para os estudantes do colexio público Maciñeira.

O obxetivo da iniciativa promovida pola Concellería de Cultura e Educación é fomentar o hábito da lectura entre os escolares e gañar novos socios e socias para a Biblioteca. Así, a totalidade do alumnado co colexio coñecerá de preto o centro de lectura o martes 16 de abril e o xoves día 18. Dende as 10 horas, en torno a un centenar de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos participarán da iniciativa.

A visita incluirá unha sesión de contacontos impartida pola animadora sociocultural, Natividad Villaamil, e un percorrido guiado polas instalacións a cargo do responsable da Biblioteca, Manuel López Grueiro. Ao remate da actividade, invitaráse ao alumnado a facerse socio do centro e, en próximas datas, a Biblioteca programará unha  sesión de contacontos na que fará entrega dos correspondentes carnets.

 

 

 

 

 

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …