Os veciños de Neda desempregados poden optar ás accións formativas da rede xiana-2

red xianaO Concello de Neda informou  de que os veciños e veciñas da localidade en situación de desemprego poden optar ás accións formativas da Rede Xiana 2 que se van desenvolver nos municipios da área de influencia –Ares, Fene, Mugardos, Narón, San Sadurniño e Valdoviño-. O pro-grama de Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego está cofinanciado pola Deputación provincial da Coruña e o Fondo Social Europeo. Así, as persoas interesadas tan só deben acudir ao Servizo Municipal de Emprego e Desenvolvemento Local, ubicado na primeira pranta da Casa do Concello. De luns a venres e en horario de mañá, obterán a oportuna información, namentras que o prazo de inscripción permanecerá aberto entre o 15 de abril e o 3 de maio.

Deste xeito, as persoas participantes formarán parte dos itinerarios formativos e de inserción laboral previstos no proxecto, a través dos cales poderán recibir a formación adecuada ás súas necesidades formativas e a orientación e titorización individualizada e de xeito permanente ao longo de todo o itinerario.

O obxetivo final consiste nunha maior proesionalización das persoas desempregadas e a súa inserción no mercado laboral en termos de calidade e responsabili-dade social, en virtude do Pacto Provincial polo Emprego Responsable na provincia da Coruña, asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que participan no proxecto Rede Xiana 2.

 

 

Lea también

O polideportivo de Cedeira convértese nun parque de atraccións polo Nadal

O Concello de Cedeira instalará un ano máis un parque de xogos e atraccións no …