Mercedes Tobio continúa como coordinadora provincial do BNG

 

(Fot. BNG)
(Fot. BNG)

Mercedes Tobio Rodríguez, actual edil no Concello de Ferrol, continuará representando ao BNG a nível comarcal , como coordinadora, tras a asemblea celebrada a partir das 19.30 horas deste mércores, día 3, no Centro Cívico de Caranza.

Presentábase unha única candidatura encabezada por Mercedes Tobio na que figuraba como número dous Manuel Polo Gundín, concelleiro de Fene que exercerá a labor de viceportavoz comarcal

Xunto con Tobío e Polo, forman a nova executiva comarcal os nove primeiros postos da candidatura, Ana González Jove, Secundino García Casal, Marola Mosqueira Castro, Xesús Sánchez Cea, Eva Guerreiro Rico, Xesús Soto Viveiro e Elena Díaz Pardo. Así mesmo, ao aprobarse por maioría a candidatura de Mercedes Tobío, xunto con ela estarán no Consello Nacional do BNG Manuel Polo e Ana González. Nos dez seguintes postos da lista presentada ao Consello Comarcal do partido están Manuel Rodríguez Doval, Andrea Pardo Mesias, Francisco da Silva Vello, Inés Roca Requeijo, Fernando Igrexas Bouza, Susana Senra Fernández, Iván Rivas Rico, Margarida Leirachá Pita, Manuel Rei Romeu, Carmen Castro Pereira e Xabier Sánchez Romero.

Na candidatura figuraban como suplentes, Elia Rico Lagarón, Anxo Fernández Permui, Teresa Sabio Rodríguez, Fernando Branco Parga, Rocio Trastoi García e Marcos Sánchez Branco.

Na asemblea comarcal dos nacionalistas abordouse ademais un informe de xestión que presentou a dirección saínte, sobre aspectos organizativos e, fundamentalmente, do ámbito das iniciativas políticas e sociais nas que a organización comarcal está a traballar desde a conformación da actual dirección, en febreiro do pasado ano, tal como se indicou desde o BNG.

 

 

 

 

Lea también

Psoe Ferrol urxe a reparación e mantenemento dos espazos culturais

A concelleira socialista Montserrat Dopico insta ao goberno de Rey Varela «a acometer as obras …