Rematan as obras de ampliacion do abastecemento de auga en Santa Lucía de Ares

concello de aresO goberno do Concello de Ares, dentro do programa de ampliación da rede de abastecemento de auga potable que está a levar a cabo nestes últimos anos, informa do remate da obra correspondente á zona de Santa Eulalia. Nomeadamente, trátase dunha actuación que se executou con cargo ao chamado Plan Complementario do POS da Deputación Provincial, é dicir, que se realizou grazas ás baixas producidas nas obras incluidas dentro deste programa que financia a institución coruñesa.

En total, a intervención foi adxudicada por 29.040,36 euros á empresa González y González, producíndose unha baixa con respecto ao orzamento inicial, establecido en 34.336 euros. O prazo de execución dos traballos foi de tres meses e éstes consistiron en dotar do servizo de abastecemento de auga potable aos núcleos de vivenda ubicados na zona do municipio denominada Santa Eulalia, realizando para iso movemento de terras, a instalacións dos tubos correspondentes e a reposición dos elementos afectados por dita intervención.

 

 

 

Lea también

Un taxista logra salvarse, a nado, tras precipitarse su coche al mar en As Pías, Fene

Sobre las doce y veinticinco de este jueves, día 21, saltaron todas las alarmas al …