O aresán Antonio Seijas finalista do certame «Isaac Díaz Pardo» e do Premio «Neira Vilas»

antonio seijas O artista de Ares  Antonio Seijas veu recoñecido o seu excelente traballo coa novela gráfica “Cartas de inverno” (Xerais), xa que é finalista en dous dos máis recoñecidos certames da súa categoría: O Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, e o Premio Neira Vilas na categoría de mellor libro infantil e xuvenil. Neste último, outorgado pola Asociación Galega de Editores nunha gala que terá lugar o vindeiro 15 de marzo no Museo do Mar de Vigo, a adaptación da novela do mesmo nome de Agustín Fernández Paz compite con outros seis títulos.

O Concello de Ares, que acolleu o pasado 29 de novembro a presentación de “Cartas de inverno” coa participación na mesma do alcalde, Julio Iglesias, envía os seus máis sinceiros parabéns ao autor local. O concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández Lago, confía en que Seijas, que naceu na vila en 1976, vexa recoñecido o seu traballo con estes galardóns posto que “ten demostrado con creces que é un magnífico debuxante, ademais dun artista de inmensa creatividade”.

 

Lea también

Tres coros e unha rondalla celebran con Chorima o seu V aniversario no Auditorio municipal de Narón

A cita é este venres, 30 de outubro, ás 18:30 horas, co Concello de Narón …