A agrupación socialista de Ferrol pon en marcha un servizo de asesoramento xurídico para inmigrantes

inmigrantesO PSdeG-PSOE de Ferrol porá en marcha un servizo de asesoramento xurídico para inmigrantes. Así o anunciou en rolda de prensa o responsable da área de Liberdades e Dereitos Públicos da Comisión Executiva Local e coordinador da recén creada –a pasada semana- Comisión Sectorial de Inmigración, Enrique Barrera, que estivo acompañado por Marine Nikoghosyan, inmigrante e militante do partido.

Este servizo comezará a funcionar este mércores, día 20 de febreiro, entre as 18.00 e as 20.30 horas, e así será a partires de agora, xa que terá carácter semanal. Como informaron na rolda de prensa, deste asesoramento encargaranse letrados e letradas da Agrupación Socialista, que axudarán voluntariamente a todas aquelas persoas inmigrantes nas dúbidas que teñan acerca dos trámites necesarios para a vida cotiá no noso país. Vencellado con esta cuestión, Barrera indicou que tamén se potenciará a figura de acompañante para axudar ás persoas que o necesiten a realizar os diferentes trámites que se teñen que formalizar fundamentalmente polas mañás.

Barrera fixo un chamamento ao colectivo inmigrante para que se pase pola sede socialista e coñeza este servizo así como o resto de iniciativas que dende a Comisión Sectorial se van poñer en marcha.

Así, o responsable de Liberdades e Dereitos Públicos anunciou que a Comisión recentemente creada denunciará todos e cada un dos casos de discriminación e xenofobia dos que sexan coñecedores e, ademais, traballará a reo en prol da integración dos diferentes colectivos de inmigrantes. Como dixo Barrera, nesta zona hai 83 nacionalidades, “e o que queremos é evitar que se produzan guetos ou que estean aillados”.

Ademais, porase en marcha un obradoiro de formación para avogados e avogadas voluntarios que desexen realizarlo e, polo tanto, inscribirse. Entre os monitores estará a secretaria xeral dos socialistas ferroláns e deputada, Beatriz Sestayo, que ao longo da súa carreira profesional foi abogada voluntaria en inmigración en numerosas ONG nacionais e internacionais.

 

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …