Manuel Polo, 3º nas listas do BNG ao Congreso dos deputados, compareceu este martes ante os medios de comunicación diante das oficinas do INSS de Ferrol, para facer un chamamento a votar na defensa do sistema público de pensións, pola re rada dos aumentos da idade de xubilación aprobados desde a crise financeira, e na defensa dunhas pensións dignas.

O candidato nacionalista, que es vo acompañado polo deputado no parlamento galego e candidato á alcaldía de Ferrol, Mon Fernández, apelou a votar facendo memoria do que duran as promesas sobre pensións dos par dos que veron responsabilidades de goberno nos úl mos anos, “desde Zapatero, todos os gobernos endureceron o acceso á xubilación, e o goberno do Par do Popular con Rajoy ademais reformou a lei para evitar precisamente a revalorización das pensións conforme a carestía da vida coa introdución de índices ad hoc e o famoso coeficiente de sustentabilidade.”
O actual goberno de coalición non é alleo a estas dinámicas, derrogou o factor de sustentabilidade pero consolidou as reformas de Zapatero, endureceu os requisitos para acceder a coeficientes redutores, e mesmo Yolanda Díaz, desde o Ministerio de traballo, promoveu unha reforma para introducir os plans de pensións privados a través da negociación colectiva, os coñecidos como “Plans de pensións de emprego”.
“O sistema tal e como o coñecemos está en risco”, engadiu, “non é unha esaxeración, é a constatación de que as sucesivas reformas e os actuais debates seguen unha mesma tendencia”. Desde o BNG recoñecen diferencias mais advirten de que desde os modelos máis radicais que defenden VOX e sectores do PP, e que usan perigosos argumentos de confrontación social entre xeracións, ás posicións máis mornas do PSOE, os intereses do lobby financeiro sempre se deixan sentir.
O BNG comprométese á defensa do sistema de solidariedade interxeracional como único que realmente pode garantir a seguridade das pensións e o seu poder adquisitivo, “os plans de pensións privados teñen dous graves problemas para a clase traballadora que ningún experto se atreve a negar: son produtos financeiros some dos aos riscos propios dese po de mercados, e a longo prazo a súa rendabilidade nunca vai igualar o IPC acumulado, así que na verdade perden diñeiro”.
O portavoz nacionalista tamén fixo fincapé na necesidade de concretar os debates máis aló da defensa xenérica do sistema ao que todo o mundo se apunta en campaña eleitoral e que leva anos servindo de xustificación para endurecer as condicións de xubilación, no BNG falamos claro “a idade de xubilación ten que volver aos 65 anos, a xubilación parcial aos 61, e ten que haber coeficientes de redución da idade de xubilación para as profesións máis penosas, como por exemplo no sector naval e no transporte”.
Finalizou a comparecencia manifestando que “as pensións e a xubilación non son un agasallo, son unha necesidade por saúde e por dignidade vital, non poden depender da mínima capacidade de aforro da clase traballadora, nin dos vaivéns do mercado financeiro”, e que o único voto que vai defender este dereito fundamental sen eufemismos nin trampas é o voto ao BNG.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.