Victoriano Urgorri abre o venres o ciclo «Conversas con…» organizado polo BNG comarcal

victoriano urgorriO Consello Comarcal do BNG, a iniciativa da súa Comisión de Cultura, iniciou onte venres día 8 ás 20 horas un ciclo de tertulias, na súa sede comarcal, sobre os máis variados temas, e o fixo convidando a persoas que en moitos casos nada teñen que ver formalmente coa formación nacionalista, como unha mostra máis do interese do BNG por escoitar a opinión autorizada de persoas destacadas do mundo da ciencia e da cultura, facendoo, ademais, no propio local comarcal da organización, abrindo deste xeito a súa sede a actividades non estritamente políticas, e creando así un espazo para a cultura, a tertulia e o debate mesmo desde ángulos alleos ao BNG.

O Ciclo levaráse a cabo baixo o nome de “Conversas con…”e foi inaugurado cunha tertulia co científico ferrolán Victoriano Urgorri, catedrático de Zooloxía Mariña na Universidade de Santiago, Director da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, membro de varias sociedades científicas nacionais e internacionais e autor de diversos traballos científicos. Urgorri, que participou tamén en 19 expedicións científicas, foi presentado polo exalcalde de Ferrol Xaime Bello, que foi o encargado de guiar a conversa con este prestixioso científico.

Lea también

A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

Como xestionar a alta sensibilidade de forma amable, creativa e sostible? Que historias poden inspirarnos …