O BNG deu comezo á campaña eleitoral do 29N cun acto político no barrio de San Valentin en Fene

«O BNG chama a confiar no BNG para que Galiza teña unha voz forte en Madrid».

Acto político no barrio de San Valentín, en Fene (A Coruña) | Fot. BNG

BNG deu comezo na tarde deste xoves á campaña eleitoral de cara as eleccions do vindeiro 29 de novembro, cun acto político no barrio de San Valentin en Fene, «coa convicción profunda de que Galiza precisa máis que nunca ter voz propia en Madrid» en palabras da reaponsábel comarcal e candidata suplente ao Senado, Pilar Lozano.

A responsabel comarcal do BNG incidiu en que ademais de ter voz propia, Galiza precisa capacidade de decisión e unha representación política que defenda os seus intereses sin subordinacións nin renuncias. Unha  representación que nunca esqueza de onde ven nin a quen representa.

Pilar Lozano reivindicou ao BNG como a forza soberanista e transformadora, unha organización cunha capacidade máis que demostrada, unha organización coherente que defende aquí e en Madrid as mesmas ideas, os mesmos principios e o noso inquebrantábel compromiso con Galiza e coa defensa dos intereses do noso país.

Defendeu, asi mesmo, o traballo feito por Néstor Rego e Carme Dasilva no congreso e no Senado. Un labor parlamentario que demostra a importancia de contar cunha representación galega que leve a voz dos nosos países e as institucións do Estado. Reclame aquí lo que nos corresponde e defende os intereses de Galiza con firmeza e sin vacilacións.

Manuel Polo, candidato do BNG ao Congreso, resaltou que o BNG arranca a campaña electoral con  moitísima forza, moitísimas gañas, moitísima ilusión para que o 29 de novembro se enchaúas as urnas de forza nacionalista, un grupo forte no Congreso que poida defender a dignidade da clase traballadora, tal como se refleteu onten as ruas de ferrol e de toda Galiza, para avanzar en dereitos sociais como o da vivenda, para avanzar en dereito  laborais coa subida do salario mínimo interprofesional, coa subida das pensións e para que ningúnha galega teña que emigrar nunca máis. 

Polo  quixo aproveitar tamen o inicio da campaña para facer unha reflexión sobre a limitación de dereitos e de liberdades que se viviron nas ruas no transcurso da folga geral, que tanto o dereito de manifestación como o dereito de folga se viviron en ocasións conculcado por unhas forzas de seguridade do Estado excesivamente celosas do seu traballo e que temos que pedir a dimisión de Marlaska porque é intolerable esas reaccións da policía cando os traballadores e traballadoras exerción seus dereitos.

Lea también

San Sadurniño celebra o magosto e a comisión de Santa Isabel prepara unha laconada

O calendario festivo de outono en San Sadurniño continúa con dúas novas citas gastronómicas e …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.