
A Área de Cultura da Universidade da Coruña (UDC) promove o programa “Rutas da memoria: historias e patrimonio de Ferrol”, unha iniciativa que busca achegar á cidadanía a historia e o patrimonio arquitectónico e documental da cidade a través de dúas visitas guiadas gratuítas.
A primeira visita terá lugar, este sábado 14 de novembro, ás 11:30 horas, no edificio que albergou a imprenta do xornal El Correo Gallego, situado na rúa Magdalena, número 186.
As persoas participantes poderán coñecer o interior deste emblemático inmoble modernista, construído en 1912 e deseñado polo arquitecto Rodolfo Ucha.
A segunda actividade está programada para o venres 11 de decembro, ás 11:30 horas, no Arquivo Intermedio Militar do Noroeste, onde se realizará un percorrido polos seus fondos documentais e pola historia do baluarte do Infante.

Ambas as dúas actividades son gratuítas e contan cun número de prazas limitado que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadasen asistir poden inscribirse e/ou obter máis información chamando ao 881 01 3697 ou ben enviando un correo electrónico a http://cultura.ferrol@udc.es.
http://Inscrición – “Rutas da memoria: historias e patrimonio de Ferrol”
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.