O Concello de Ferrol segue avanzando na mellora das infraestruturas viarias da cidade. O Goberno local de Ferrol aprobou o proxecto de aglomerado da estrada de Catabois do tramo comprendido entre a rotonda de cruce da FE-13 e o punto kilométrico 1+030 da AC116 á empresa Proyestegal SL. O orzamento total é de 544.947,66 euros e o prazo de execución de catro meses.
As obras levaranse a cabo nunha superficie aproximada de 18.000 metros cadrados e unha lonxidude de preto de 1.200 metros. As gretas no pavimento da calzada existentes son unha constante ao longo do tramo da actuación.
Os traballos consistirán no recorte e saneado de blandóns, fresado do pavimento existente nas zonas urbanizadas e nasç máis deterioradas do vial, fresado da superficie necesaria, selado de fendas previo, limpeza das marxes e canles e o aglomerado.
A maiores mellorarase a seguridade xeral para todos os usuarios da vía tanto tráfico rodado como peóns, para iso refarase a sinalización horizontal e vertical en todo o ámbito e introduciranse melloras como a execución dun paso de peóns elevado no P.Q 0+145 e un novo paso de peóns no P.Q. 0+820.
Outras actuacións previstas teñen como obxectivo mellorar o funcionamento xeral da estrada de Catabois como son a substitución dos refuxios para as paradas de bus sitas en torno o P.Q. 0+460-0+490 e a limpeza da rede de drenaxe da estrada como son as cunetas de formigón, os sumidoiros e colectores de drenaxe existentes.
O alcalde, José Manuel Rey Varela, destacou a importancia desta actuación, que dará continuidade ao tramo asfaltado en 2025 entre a rotonda de Canido e a do CHUF e aos traballos xa realizados no vial da Avenida da Residencia, que arranca na rotonda de intersección coa estrada FE-13. En total, estas tres actuacións suman máis dun millón de euros de investimento na mellora desta vía principal e da avenida.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.

