Nun acto na estación de autobuses de Ferrol o BNG demanda un servizo de transportes ‘digno’

O BNG desenvolveu durante a tarde deste domingo unha campaña de información ao público na estación de autobuses de Ferrol sobre as condicións do transporte e sobre as respostas que a Xunta de Galiza deu ás preguntas que o deputado Mon Fernández trasladou recentemente ao Parlamento Galego.

Acto do Bng na estación de autobuses de Ferrol 01/11/2026 | foto BNG

Tanto o Conselleiro Diego Calvo, titular de transportes, como a Directora xeral de mobilidade, Judit Fontela, responsábel directa da xestión da concesión, veñen comparando nos últimos meses o transporte en autobús coas viaxes en avión, o que parece ser o novo mantra do Partido Popular para xustificar que non sempre poderá haber billetes para todas as persoas demandantes.

O parlamentario do BNG e candidato a alcaldía de Ferrol, Mon Fernández, manifestou que “o transporte en autobús está dirixido a atender as demandas diarias máis básicas da poboación, ensino, traballo, centros hospitalarios…., é o principal sistema de transporte comarcal e interurbano, comparalo coas viaxes en avión evidencia que o servilismo da Xunta con Monbús é de tal nivel que prefiren facer o ridículo antes que poñer solucións”.

O BNG demanda unha nova licitación do servizo que atenda a demanda real das persoas usuarias, que segundo a información facilitada pola propia Xunta de Galiza non deixa medrar até o punto que só na liña Ferrol-A Coruña no mes de setembro houbo que poñer 780 reforzos.

Diante destas cifras o candidato nacionalista manifesta que “é evidente que o servizo está mal dimensionado e tampouco o recurso continuo aos reforzos soluciona todos os problemas”, porque “como saben todas as persoas usuarias os reforzos son insuficientes, segue quedando xente en terra, e ademais o reforzo implica, en moitas ocasións, tempos de espera inaceptábeis e chegar tarde ao destino”.

Finalmente o BNG quixo facer fincapé na especial dependencia do transporte público por estrada dos colectivos máis vulnerábeis socio economicamente, sobre todo as persoas con diversidade funcional, que atopan na falta de transporte público unha das principais barreiras para a súa integración laboral.

E o mesmo acontece coa falta de conexións cos centros de ensino non obrigatorio, “estamos a falar de garantir dereitos básicos da poboación no ámbito da súa contorna máis próxima, está claro que os dirixentes do PP teñen as súas expectativas e prioridades moito máis lonxe, pero nós precisamos autobuses, non avións”, rematou Mon Fernández.

Lea también

Ferrol oferta ayudas a deportistas y clubes para la participación en competiciones

Los deportistas de clubes podrán contar por segundo año con una ayuda para participar en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.