A executiva local socialista elaborará un catálogo de medidas contra a corrupción e a mala praxis

psoe-21 O PSdeG-PSOE de Ferrol fixo público onte, despois da celebración dunha longa reunión ordinaria, o acordo por unanimidade dos asistentes de elaborar un protocolo con medidas concretas e eficaces contra a corrupción e a mala praxis na política, unha cuestión que preocupa fondamente á dirección política do partido. De feito, e dada a relevancia que ten esta cuestión, os socialistas ferroláns adicarán todo este mes á elaboración deste catálogo con medidas concretas encamiñadas a reforzar a transparencia e bloquear a transparencia na vida política.

Para a súa redacción, o Partido Socialista quere contar coas suxestións da cidadanía, para o que, por unha banda, ten previsto celebrar reunións monográficas para abordar polo miudo esta cuestión e, por outra, lémbrase a posibilidade de facer chegar calquera iniciativa ou opinión ao respecto á dirección de correo electrónico do partido: ferrol.psdeg.psoe@gmail.com.

Unha vez rematado este catálogo, o PsdeG-PSOE local ten previsto elevalo á reunión do Comité Nacional do partido, que se desenvolverá o día 2 do vindeiro mes de marzo.

Sector naval

Outro dos asuntos incluidos dentro da orde do día de Executiva Local desta mañá foi a relativa ao sector naval. A este respecto, a dirección política socialista, ao fronte da que está Beatriz Sestayo, esixiu ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Industria que teñan a “decencia” de recibir o día 5 -martes- aos traballadores e traballadoras de Navantia para dar as explicacións que todo o sector naval merece despois da negativa definitiva do Partido Popular a construir o dique flotante nos estaleiros ferroláns. A Executiva, coa súa responsable e tamén deputada á cabeza, viaxarán a Santiago para tratar de forzar aos dirixentes da Xunta a manter a reunión solicitada.

Así mesmo, o PSdeG-PSOE local reclama ao alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, que deixe de actuar de “neno mimado do Partido Popular” e antes de facer o único que lle queda ante a súa incompetencia e claras mentiras relativas ao naval, que é marcharse á súa casa, esixa ao PP que cese a todos os cargos e responsables de que o dique flotante non se vaia a construir en Ferrol. “Todos e cada un dos dirixentes e altos cargos aos que Rey se refería esta semana nunha premeditada e orquestrada posta en escea  e que, polo visto, o teñen moi decepcionado, foron nomeados a dedo polo Consello de Ministros, integrado unicamente por xente do Partido Popular”, lembraron dende a dirección política socialista.

Lea también

El conselleiro de Cultura visita las obras de rehabilitación de la torre sur de la concatredral de San Xiao

La concatedral de San Xiao continúa con su rehabilitación, en una obra financiada por la …