As entradas están xa á venda na billeteira do Teatro Jofre e en Ataquilla desde cinco euros.

A compañía de teatro Sarabela Teatro representa a súa obra A Metamorfose no teatro Jofre o sábado 31 ás 20:30 horas.
A Metamorfose é unha obra icónica do século XX, un dos textos máis coñecidos e citados en películas, libros ou teatro. Esta obra utiliza o universo creado por Kafka para falar da necesidade humana de sentirse recoñecido, valorado e querido polo que un é e non únicamente por aquelo que produce ou aporta aos demais.
A adaptación enfrenta ao espectador a preguntas sobre a identidade, as relacións familiares e a forma na que unha sociedade pode deshumanizar a quenes deixan de responder ás expectativas establecidas. Este é unha obra que parte do individual, do íntimo, do familiar, para falar do político e repensar o público.
Gregor Samsa leva cinco anos ocupándose da mantenza da súa familia, dende que morreu o seu pai. Un día, Gregor esperta e sente que xa non pode máis. Incapaz de levantarse da cama, o mundo preséntaselle como un lugar inhóspito e agresivo. A familia -avoa, nai e irmán- que viven endebedadas e que dependen de Gregor para sobrevivir, entran en pánico ante a visión de non poder recuperarse da quebra financieira causada polo pai desaparecido. A mirada da familia irá animalizando a Gregor, que se vai sentindo como u parasito. Para elas, el non é máis que un bicho e el mesmo acabará aceptando a súa condición de monstro.
A Metamorfose mostra a necesidade do ser humano de ser recoñecido, valorado e amado polo que é, non polo queproduce ou achega. A adaptación e dirección da obra é de Carlos Álvarez Osorio e sobre o escenario hai un reparto de cinco nomes: Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fernando González, Sabela Gago e Fina Calleja.
A representación forma parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, e o espectáculo foi seleccionado polo Festival de Artes Escénicas de Uruguay (FIDAE).
A duración aproximada desta obra é de 65 minutos, e as entradas poden adquirirse nas billeteiras do Jofre, e na web de Ataquilla.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
