Persoal de Afal impartirá as sesións, previstas para o 4 e 5 de novembro.

Con motivo da celebración do Día das persoas coidadoras, o Concello de Neda programa os días 4 e 5 de novembro, de 11 a 13 horas, un par de charlas formativas sobre alzhéimer e outras demencias, da man de persoal técnico de Afal Ferrolterra. Este pequeno cursiño vai dirixido a familiares de pacientes, coidadores/as non profesionais e persoas interesadas no tema. A inscrición está aberta chamando ao 981370692.
O centro cívico de Neda acollerá a iniciativa, que contará cunha primeira xornada, orientada a ofrecer unha visión xeral ao redor dos trastornos neurocognitivos dexenerativos con maior prevalencia, e poñer o foco nos sinais de alerta do alzhéimer e as distintas fases desta patoloxía.
A sesión formativa, impartida por persoal técnico da asociación, incidirase na importancia de detectar síntomas temperás para avanzar cara a un diagnóstico temperá que permita traballar para manter o máximo posible a autonomía da persoa enferma.
A segunda charla do programa, realizado co apoio da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, terá un carácter eminentemente práctico e xirará ao redor da autonomía e a mobilización e transferencia da persoa que se atopa nunha fase xa avanzada da enfermidade (hixiene postural, posición do corpo sentado e mais deitado), de maneira que non haxa ningún tipo de lesión nin no paciente nin no súa coidadora ou coidador.
Para participar haberá que inscribirse previamente ben no teléfono apuntado anteriormente ben no correo electrónico mariagarcia@alzheimerferrolterra.com
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
