A Confraría de Sada pon en marcha a experiencia de turismo mariñeiro ‘Fillos do Mar’

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez Suárez, participou no porto coruñés na posta en marcha desta actividade de divulgación patrimonial | Xunta

A Confraría de Pescadores de Sada acolleu esta venres a presentación de Fillos do Mar, a primeira experiencia de turismo mariñeiro desenvolvida no ámbito do Golfo Ártabro, nun acto que contou coa presenza da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez Suárez. O encontro incluíu unha visita polas instalacións portuarias e pola lonxa local, a presentación do libro homónimo sobre a historia do sector pesqueiro na vila e unha mostra gastronómica con capturas da ría.

Durante a súa intervención, a representante autonómica fixo fincapé en que esta proposta «non presenta o mar como un decorado, senón como un espazo de traballo, cultura, biodiversidade e comunidade». A directora xeral sinalou que a iniciativa “converte a memoria en coñecemento compartido e transforma o patrimonio mariñeiro nun recurso
educativo e turístico”.

Nesta liña, fixo fincapé en que o turismo mariñeiro non busca substituír a actividade pesqueira tradicional, senón complementala para abrir novas vías de renda e lograr que o valor engadido permaneza no territorio. Así mesmo, salientou que Fillos do Mar conecta a historia local co traballo diario que mantén vivo o porto e coas oportunidades de futurovinculadas ao produto de proximidade e ao relevo xeracional.

Ángeles Vázquez Suárez, participou no porto coruñés na posta en marcha desta actividade | Xunta

A iniciativa, apoiada pola Xunta ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), forma parte do proxecto de cooperación interterritorial Mar e Rías: Pesca & Turismo, no que participan os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia baixo a coordinación do GALP Ría de Pontevedra e coa colaboración do GALP Golfo Ártabro Sur.

A folla de ruta do proxecto contempla plans de formación, titorías técnicas para a adaptación de embarcacións e accións divulgativas orientadas a crear capacidades que faciliten a diversificación cara a actividades turísticas sostibles.

Lea también

A Xunta constitúe o Consello Reitor da nova Axencia Intecmar

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu a primeira sesión do órgano que formaliza a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *