O teatro Jofre acolle o concerto acústico e íntimo de Depedro

As entradas están xa á venda na billeteira do Teatro Jofre e en Ataquilla desde oito euros.

O artista Depedro ofrece un concerto no teatro Jofre este sábado 10 de outubro, ás 20:30 horas. Trátase dunha sesión íntima cos grandes éxitos que marcaron a súa traxectoria, a vísperas da publicación do seu novo álbum Furia y Calma.

Jairo Zavala, coñecido como Depedro, é o artista detrás dun proxecto musical ecléctico que ama a música en todas as súas raíces, como volve a demostrar no seu último álbum, Un lugar perfecto.

Jairo Zavala naceu en Madrid en 1973, onde viviu ente Aluche e Carabanchel ata os 17 anos, nun ambiente familiar no que se apreciaba a música. Foi ao colexio Parque Aluche e despois estudou no Instituto Blas de Otero. Aprendeu a tocar a guitarra de maneira autodidacta e xunto con Javier Vacas fundou o grupo La Vacazul, co que chegou a gravar cinco discos.

A partir de aí, comezou a profesionalizarse, tocando con ata cinco o seis grupos á vez. Nesta época tocou nas bandas de  varios programas de televisión, como a de El Club de la Comedia, e gravou como músico de estudo para Amparanoia.

Grazas a Amparo Sánchez, coñeceu o grupo estadounidense Calexico, ao que se integrou e co que realizou varias xiras e gravou varios discos.

Na súa propia música viaxa con naturalidade entre os sons de Latinoamérica, África, o Mediterráneo e Estados Unidos, dando forma a un universo propio que logrou conquistar ao público dentro e fora das nosas fronteiras.

En 2007, Zavala comezou a súa carreira solista como Depedro, co apoio de Vetusta Morla, quenes convidárono a tocar en vivo aquelas cancións que non encaixaban en ningún dos grupos cos que Zavala tocaba entón. En 2017, Jairo Zavala protagonizou o documental Casamance, a banda sonora dunha viaxe, dirixida por Paloma Zapata. Esta road movie musical narra a búsqueda de Lamine Konté, un griot senegalés, e serve como unha carta de amor á rica tradición musical de Senegal.

A través do documental, Zavala explora as raíces  culturais e sonoras que influíron na súa carreira, destacando a súa conexión coas músicas do mundo e o seu compromiso coa diversidade cultural.

O concerto de Ferrol chega nun momento significativo para o artista, xa que triunfa co seu último álbum Un lugar perfecto, distinguido en 2025 como Mellor Álbum de Pop/Rock nos Premios da Academia da Música de España e nomeado a Mellor Produción Musical nos Premios MIN, da comezo así a súa nova xira Furia y Calma 2026/2027, un novo traballo discográfico que verá a luz a finais de outubro.

A duración aproximada deste concerto é de 80 minutos, e as entradas poden adquirirse nas billeteiras do Jofre, e na web de Ataquilla.

Lea también

La SAF inaugura en el Casino Ferrolano la exposición colectiva «Paisaje Gallego 2026»

Este miércoles la Sociedad Artística Ferrolana (SAF) ha inaugurado su exposición ‘Paisaje Gallego 2026’ en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *