A delegada da Xunta en Ferrol deu a benvida no Campus Industrial aos novos beneficiarios das bolsas BEME

Bolsas BEME | Foto XUNTA

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, deu este martes a benvida aos dous alumnos que cursarán os seus mestrados no Campus Industrial, grazas ás Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME), que este ano acadan a súa décima edición.

Este programa da Secretaría Xeral da Emigración, dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, ten como obxectivo promover o retorno da mocidade galega residente no exterior, facilitándolles a continuidade dos seus estudos de posgrao en Galicia e reforzando os vínculos coa súa terra. Das preto de 250 persoas beneficiarias en toda Galicia neste curso 2026-2027, a maior parte procede de América Latina, como é o caso destes dous estudantes, que chegan dende Cuba.

Aneiros destacou esta iniciativa como “algo máis que unha oportunidade formativa”, describíndoa coma un “intercambio cultural e volta ás raíces”. Aproveitou tamén para desexarlles aos bolseiros unha boa estadía na cidade e sorte nos mestrados de Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade e de Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns.

As bolsas BEME teñen unha contía económica que varía entre 8.000 e 12.500 euros, dependendo da procedencia xeográfica das persoas beneficiarias e do número de créditos a realizar. Destínanse a cubrir gastos como matrícula, viaxes, aloxamento e manutención durante o período académico en Galicia.

A acción enmárcase na Estratexia Galicia Retorna, que conta con máis de 100 medidas destinadas a facilitar o regreso e a integración plena de persoas retornadas. Entre elas, as cinco oficinas físicas de atención ao retorno en Galicia, unha oficina móbil que percorre o rural galego, e o acompañamento previo ao regreso a través das delegacións no exterior e os centros galegos.

Lea también

Aprobada a convocatoria de 67 prazas de Persoal Docente e Investigador da UDC

Aprobouse o nomeamento como profesor emérito de Rafael Martín Acero. A sesión ordinaria do Consello …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *