Últimos días para anotarse na Andaina Inclusiva de Cores de Narón

A actividade, organizada polo Concello e ASCM, celébrase este domingo 4 de outubro no Paseo Marítimo de Xuvia. O prazo de inscrición remata o día 2.

O Concello de Narón lembra que o prazo para se inscribir na Andaina Inclusiva de Cores, organizada xunto coa Asociación Sociocultural ASCM, remata este venres 2 de outubro, ás 14:00 horas. A actividade celébrase o domingo 4 de outubro no Paseo Marítimo de Xuvia.

A andaina está deseñada como unha actividade inclusiva, aberta a persoas con e sen discapacidade de todas as idades. Baixo o lema "1 km de diversión, mil cores, unha mesma causa: a inclusión", a proposta busca sensibilizar e construír entre todas as persoas unha sociedade máis inclusiva.

Aproximadamente cada cen metros, as persoas que participen na andaina atoparán un punto de lanzamento de pos de cores. Trátase de pos holi, elaborados a base de amidón de millo e de uso específico para eventos deste tipo.

O punto de entrega de material abrirá a partir das 16:00 horas e a saída está prevista para as 17:30 horas. A inscrición custa 10 euros e inclúe un kit con agasallos para gozar dunha xornada chea de cor e diversión.

Máis información e inscricións no teléfono 604 055 703, no correo info@ascmgalicia.org, a través do código QR do cartel ou na ligazón https://acesse.one/inscricionsandaina. ASCM tamén ten perfís en Facebook e Instagram (@ascmgalicia).

Lea también

A alcaldesa de Narón a Lorena Bermúdez Doce e Juan López Porta, campións mundiais coa selección española de balonmán en cadeira de rodas

O edil de Deportes tamén participou na recepción oficial que recoñece o logro histórico destes …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *