A Deputación recoñece na entrega de premios dos Circuítos de Carreiras Populares e de Pista o esforzo das máis de 16.000 participantes

Antonio Leira destacou que un dos obxectivos da institución provincial é “achegar o deporte a toda a cidadanía, e de maneira especial, ás novas xeracións”

Fuente Deputación de A Coruña

A Deputación da Coruña celebrou a entrega dos premios dos seus Circuítos de Carreiras Populares e de Pista correspondentes ao ano 2025. Trátase de dous programas que cada ano contan cunha maior participación e que se consolidaron como citas deportivas moi demandadas pola cidadanía.

Fuente Deputación de A Coruña

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou na súa intervención que máis de 16.000 persoas participaron en ambos circuítos ao longo do ano, o que demostra “o gran interese que existe na provincia pola práctica do atletismo, especialmente polas  probas populares e de base”. Asegurou tamén que para a Deputación é “un orgullo” impulsar actividades con tanta demanda, “que permiten achegar o deporte a toda a cidadanía e, de maneira especial, ás novas xeracións”.

Fuente Deputación de A Coruña

Leira salientou que o fomento da actividade física desde idades temperás “é unha prioridade, tanto para crear hábitos de vida saudables como para contribuír a consolidar a práctica deportiva durante a adolescencia e a idade adulta”.

“A entrega destes premios supón un recoñecemento ao esforzo, á constancia e á participación de todas as persoas que formaron parte dos circuitos durante todo o ano pasado”, engadiu antes de animalos a todos e todas, “especialmente aos máis novos”, a continuar vinculados ao deporte.

Entre os cerca de oitenta participantes premiados entre todas as categorías, destacan Jaci Mello e Danel de Vries Loureiro, campión e campioa absolutos, respectivamente.

Lea también

El Racing de Ferrol se enfrenta al CD Lugo arropado por más de 1.200 racinguistas

  El Racing Club Ferrol visita este sábado al CD Lugo en el Anxo Carro …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *