Neda proxecta o ensaio fílmico “Salvaxe, salvaxe”, unha reflexión sobre a cohabitación entre lobos e humanos

O Concello de Neda programa este venres, a partir das 20:30 horas, unha nova entrega do seu ciclo de cinema documental, que bebe do “Outono das artes” da Deputación da Coruña. Desta volta, proxectarase o filme- ensaio “Salvaxe, salvaxe”, que recorre as “terras do lobo de Galicia e de Portugal”, explorando a relación entre as persoas, os animais e a paisaxe que comparten.

Fotograma de ‘Salvaxe, salvaxe’ | Fot. Concello de Neda

A cinta, dirixida por Emilio Fonseca, poderase ver na Casa da Cultura e convida, a través dunha proposta visual de enorme forza poética, a observar as pegadas da vida salvaxe e a descubrir unha forma diferente de habitar e interpretar o territorio.

Trátase dun “anti documental de natureza”, no que aparecen lobos que devolven a mirada a cámara aterrados e humanos que saben ouvear. Un traballo que desmonta mitos ben asentados e que, segundo apuntan dende a Rede cultural da Deputación, “Máis aló dunha reflexión sobre o lobo, a película propón unha mirada renovada cara aos ecosistemas e a biodiversidade, reivindicando a necesidade de recoñecernos como parte da natureza”.

“Salvaxe, salvaxe”, premio á Mellor longametraxe documental no Festival de Málaga, premio ao Mellor documental en Play-Doc e seleccionado en destacados festivais internacionais, completarase cun encontro con integrantes do equipo da película, favorecendo o diálogo ao redor da ecoloxía, a creación audiovisual e os desafíos ambientais do presente.

Lea también

El Centro de Interpretación de Caldoval celebra una exitosa «Noche de Estrellas»

El pasado sábado 19 de septiembre de 2026 se celebró la IX edición de la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *