Inscricións abertas en Valdoviño no curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Valdoviño abre inscricións nun curso de introdución á lingua e á cultura galega para veciños de 16 anos en adiante.

Está promovido polo Gabinete Provincial de Normalización Lingüística da Xunta, e celebrarase no centro sociocomunitario durante o mes de outubro (martes e xoves de 10:00 a 13:00 horas, agás a última xornada, o día 27, cunha clase de 2 horas).

A actividade é de balde, con prazas limitadas. A reserva debe realizar a partir do luns 21 e ata o domingo 27 de setembro, na casa da cultura (de luns a venres de 9 a 13 horas) ou a través da sede electrónica (ata as 24 horas do día 27).

Dende a concellería de Cultura infórmase de que as persoas participantes recibirán un diploma acreditativo da formación, pero que en ningún caso esta acción equivale ao Celga en ningunha das súas modalidades.

Trátase dunha iniciativa coa que aprender algo máis da lingua e cultura galegas, e pode resultar especialmente interesante para persoas residentes procedentes doutros países.

Lea también

Obras de mejora en el aparcamiento y cierre de la pista polideportiva de O Roxal en Neda

El Ayuntamiento de Neda mejorará el área de estacionamiento habilitada hace un lustro junto a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *