Un audiovisual sobre Mary Quintero, fotógrafa pioneira en Galicia, abre o programa de cinema documental de Neda

Neda estrea este venres, a partir das 20:30 horas, un ciclo municipal de cinema documental, que bebe fundamentalmente do programa “Outono das artes” da Deputación da Coruña. E faino co audiovisual “Mary Quintero. Máis de 90 anos de creatividade”.

Casa da Cultura de Neda, foto Galicia Ártabra

A Casa da Cultura acolle a proxección desta cinta documental, que repasa a traxectoria desta melidense que está a piques de cumprir 95 anos e que foi unha das grandes fotógrafas e retratistas galegas do século XX. Quintero foi pioneira e referente no ámbito da fotografía de estudio e figura fundamental para comprender a evolución da imaxe fotográfica e da representación visual contemporánea en Galicia.

Dirixido por María Ojea, o documental percorre cuestións vinculadas á creación artística, á experimentación coa luz e coa cor, á transformación social e á evolución das linguaxes visuais contemporáneas, a través dun amplo arquivo fotográfico e dunha reflexión arredor da creatividade ao longo de máis de nove décadas.

O filme elixido para abrir a ciclo gratuíto de cinema documental estreábase este verán, e conta co apoio da Xunta, das deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo, e de distintos concellos galegos.

Lea también

Neda pone en marcha los talleres de estimulación cognitiva en los que aún es posible inscribirse

Comienzan a funcionar los talleres municipales de estimulación cognitiva, dirigidos a la población mayor de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *