O Museo do Humor Xaquín Marín rende homenaxe aos Caricaturistas de Profesión

A exposición Caricaturistas de Profesión, producida polo Museo do Humor Xaquín Marín-Concellería de Cultura de Fene, coa colaboración da Xunta de Galicia, amosará en Fene a obra de dez reputados caricaturistas de prensa contemporáneos como son: Agustín Sciammarella, Carlos Rodríguez Casado, David García Vivancos, Ernesto Priego, Iván Mata, María Picassó, Matías Tolsá, Raúl, Thorsten Rienth e Turcios.

Comisariada polo gañador do Premio Curuxa Caricatura 2024, Iván Mata, a mostra compila cincuenta obras, a razón de cinco por participante, baixo a premisa de seren “as que considera cada artista que mellor definen a súa arte ou son significativas na súa traxectoria artística”.

A exposición de caricaturas inaugúrase este venres 18 de setembro, ás 19.00 horas, cun faladoiro no que tomarán parte catro dos caricaturistas participantes, entre os que se atopa o propio Iván Mata, pero tamén os gañadores do Premios Curuxa Caricatura 2025 e 2026, David García Vivancos e Matías Tolsà.
 
Unha vez finalizado o encontro, realizarase unha visita guiada á mostra, que permanecerá aberta ao público até finais do mes de outubro. Horario de visitas: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 horas, e sábados, de 10.00 a 13.00 horas.
 
Caricaturistas de profesión xorde dunha iniciativa de Iván Mata quen, a raíz dunha visita á Feira Ilustrísima do Museo ABC, falou coa directora do evento Inmaculada Corcho de montar unha exposición de caricaturistas de prensa.
 
Dita mostra non se chegou a facer por culpa da pandemia da Covid. Pero en 2022, retomando o proxecto, Mata apostou por publicar unha obra na que se documentara a historia de once caricaturistas de prensa contemporáneos. Con este libro, editado por Nórdica Libros, pretendía “reivindicar o noso oficio, que non atravesa agora o seu mellor momento”.
 
En palabras do concelleiro de Cultura de Fene, Justo Ardá, “a caricatura é unha manifestación artística e cultural de indudable valor estético que, a través do humor, constitúe unha importante ferramenta crítica e reflexiva, xa que fomenta o pensamento libre, a creatividade e a análise da realidade desde unha perspectiva accesible a públicos diversos”. E o Museo do Humor, como espazo de referencia no ámbito do humor gráfico e a caricatura (xa que conta cunha sala específica adicada a este xénero), “debe promover a súa difusion e coñecemento”.
 
Organiza: Museo do Humor Xaquín Marín da Concellería de Cultura do Concello de Fene, coa colaboración da Xunta de Galicia, no marco da Convocatoria de subvencións destinadas a centros museísticos da comunidade autónoma de Galicia 2026.

Lea también

La SAF inaugura en el Casino Ferrolano la exposición colectiva «Paisaje Gallego 2026»

Este miércoles la Sociedad Artística Ferrolana (SAF) ha inaugurado su exposición ‘Paisaje Gallego 2026’ en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *