O novo aparcadoiro de Boebre, en Pontedeume xa está en funcionamento

Ubicado xunto á igrexa e o cemiterio parroquial, conta con capacidade para aproximadamente 40 vehículos.

Novo aparcadoiro de Boebre | Cocello de Pontedeume

O Concello de Pontedeume informa de que xa está aberto o novo aparcadoiro de Boebre, construído nas inmediacións da igrexa e do cemiterio parroquial e cunha capacidade aproximada para 40 vehículos.

«Damos así resposta a unha necesidade da parroquia, xa que ata o de agora resultaba complicado atopar estacionamento na contorna, especialmente durante a celebración de actos relixiosos ou nas xornadas de maior afluencia ao cemiterio», explica o alcalde Bernardo Fernández Piñeiro.

«Esta actuación forma parte do compromiso que adquirimos desde a Alcaldía de dotar todas as parroquias e os seus cemiterios de zonas de estacionamento adecuadas, facilitando os accesos e mellorando a comodidade e a seguridade da veciñanza» engade o rexedor.

Novo aparcadoiro de Boebre | Cocello de Pontedeume

Pola súa banda, o concelleiro de Urbanismo, Daniel Ríos explica que este plan segue avanzando e que a día de hoxe só quedan pendentes de crear os novos aparcadoiros nas parroquias de Nogueirosa e Centroña.

«En Nogueirosa xa contamos coa ubicación e estamos redactando o proxecto para a creación do novo aparcadoiro, e en Centroña estamos negociando cos propietarios dunha parcela situada nas inmediacións da igrexa para poder dispoñer tamén dun espazo de estacionamento nesta parroquia«, sinala o edil.

Ademais, anuncia que nas próximas semanas comezarán as obras de construción do novo acceso á urbanización Olmo. Esta actuación incluirá tamén unha nova zona de estacionamento con capacidade para arredor de 30 vehículos. «Seguimos investindo nas nosas parroquias, dando resposta ás súas necesidades e cumprindo os compromisos adquiridos coa veciñanza», conclúe o concelleiro de Urbanismo eumés.

 

Lea también

ASPROMOR recibe una furgoneta adaptada de la Diputación

La nueva furgoneta, adquirida con la ayuda de la Diputación, cuenta con nueve plazas y …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *