A Deputación da Coruña destina 1,42 millóns de euros para apoiar 69 festivais na provincia en 2026

Con este investimento reafirmamos o compromiso da área provincial de cultura coas artes escénicas, o cinema e a música, garantindo unha programación diversa, descentralizada e de calidade que chega a todos os recunchos do territorio», valorou a deputada de Cultura, Natividade González.

Natividade González | Deputación da Coruña

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña ven de facer pública a resolución definitiva do programa FO223/2026, de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia ao longo do ano 2026. A través desta liña de financiamento, a administración provincial mobiliza este ano un importe de 1.426.222 euros, destinados a apoiar 69 festivais promovidos tanto por concellos e entidades locais (Modalidade A), como por entidades sen ánimo de lucro (Modalidade B) e empresas ou profesionais do sector (Modalidade C).

A deputada de Cultura, Natividade González, destacou a relevancia da resolución e afirmou que «os festivais son un dos motores culturais, sociais e económicos máis potentes da nosa provincia”. “Con este investimento”, engadiu, “reafirmamos o compromiso da Deputación coas artes escénicas, o cinema, a arte urbana e a música, garantindo unha programación diversa, descentralizada e de calidade que chega a todos os recunchos do territorio».

González incidiu tamén no impacto estratéxico do programa FO223: «Os festivais non só dinamizan a vida cultural das nosas vilas e cidades, senón que tamén son xeradores de emprego local, fomentan a inclusión, poñen en valor o patrimonio e atraen a milleiros de visitantes, consolidando a provincia da Coruña como un referente cultural de primeiro nivel».

Alba Gallego e Yago Méndez na rodaxe da súa peza | Fot. Lourido -Chanfaina Lab

Curtocircuíto, Carballo Interplay, Cineuropa, Jazz Noia, Noites de Jazz Rianxo, Chanfaina Lab, Castelo Conta, Festórreo, Olloboi, Sisons e Castelo Rock algúns dos festivais que recibirán as axudas. A listaxe completa mais a contía das subvencións poden consultarse no seguinte enlace:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/08/2026_0000005778.pdf

Lea también

Arrancan los exámenes para Policía Local en Silleda el 28 de septiembre con más de 800 aspirantes

La convocatoria cuenta con 105 plazas distribuidas en 31 ayuntamientos de Galicia. Más de 800 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *