Cites Ferrol volve a organizar esta singular iniciativa.

Ferrol acollerá este sábado 12 de setembro pola mañá, a segunda Muiñada da cidade, organizada por Cites dentro do programa “Ferrol, cidade aberta ás expresións” que financia a Deputación da Coruña.
A Muiñada fai referencia á reunión que facían os mozos no muíño, mentres esperaban a quenda da moenda, nas que había cantos, bailes, brincos e leria.
Esta segunda edición contará coa participación de tres grupos, Maristela e Vía Sacra, ambas de Sobrado dos Monxes, e a Asociación Folclórica os Gaiteriños da Coruña, que iniciarán a xornada cun pasarrúas de ida e volta, con saída ás 11:30 horas desde a Praza de Armas, percorrendo a rúa Real e Dolores ata praza de Amboaxe. A continuación, dirixirán os seus pasos cara ao Cantón onde interpretarán diferentes cancións e bailes tradicionais galegos, con especial atención á muiñeira. Durante as actuacións invitarán a participar ao público asistente.
Será unha mañá para o desfrute colectivo, onde uniranse a música tradicional e a danza con fin de promocionar e divulgar a cultura tradicional galega. A mañá finalizará cun aperitivo, no mesmo Cantón, ofrecido aos grupos.
O obxectivo deste evento, con clara vocación de continuidade, é o de encher as rúas de Ferrol unha vez ao ano de cantes e bailes e facer visible que o folclore galego, e en particular a muiñeira, sigue moi vivo.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
