O alcalde, José Manuel Rey Varela, visitou a actividade no CEIP A Laxe de Valón. O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, visitou o CEIP A Laxe de Valón, donde se desenvolve un dos campamentos urbanos e rurais de verán 2026, promovidos pola Concellería de Igualdade.

Acompañado pola concelleira da área, Elvira Miramontes, o rexedor subliñou que “o obxecto dos campamentos é apoiar as familias na atencion aos seus fillos en idade escolar durante os periodos vacacionais, ademais de sensibilizar e fomentar un cambio de mentalidade e de valores de acordo co principio de igualdade entre homes e mulleres”.
Como novidade, este ano levouse a cabo unha campaña de prevención do cancro de pel, gracias a labor dun grupo de voluntarias da Asociación Española Contra el Cáncer, que visitaron todos os campamentos para fomentar xogos e obradoiros cos nenos e nenas participantes.

Os campamentos iniciáronse o 1 de xullo e finalizarán o vindeiro luns, 31 de agosto. Ademais do citado de Valón (nova ubicación este ano para dar resposta á petición das familias), os rurais tamén se organizaron na AAVV Esmelle, mentres que os urbanos localizáronse no CEIP Ánxela Ruíz Robles (Recimil) e no CEIP de Ponzos (Ultramar).
As prazas concedidas, en función das solicitudes, foron 67 en CEIP A Laxe, 75 en Esmelle, 78 en CEIP Ánxela Ruíz Robles e 186 en CEIP Ponzos, superandoasí os 400 nenos.
“A infancia é unha prioridade para este Concello. Iniciamos ese camiño de cidade amiga da infancia porque queremos que Ferrol sexa a mellor cidade para as familias”, destacou Rey Varela.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.