O BNG mantivo este xoves unha reunión con representantes do persoal das tres grandes empresas industriais con presenza na ría: Navantia, Reganosa e Megasa.

A primeira reflexión compartida por todas as persoas foi a necesidade de rachar as dinámicas dos últimos 40 anos, nos que todas as conversas xiran ao redor da carga de traballo de Navantia e a dependencia de todas as industrias de decisións políticas que se toman en Madrid.
Os prezos e as infraestrúturas enerxéticas, e os plans industriais de Navantia determinan o noso futuro a todos os niveis, mesmo demograficamente, e nótase a falta de peso político de Galiza en Madrid. En palabras de Manuel Polo, candidato ao Congreso este 29N, “este sería o gran cambio e a mellor medida que poderiamos tomar colectivamente para garantir un desenvolvimento industrial que tire proveito das moitas potencialidades que temos no país.”
O portavoz nacionalista aproveitaba para conxurar as tentativas de boicotear a instalación de SAIC na comarca por parte emisarios da embaixada americana, “o BNG sempre defenderá o noso dereito a producir, sen vetos políticos de ninguén”, e salientaba que este proxecto será a primeira iniciativa en 40 anos que realmente traia diversificación á comarca.
As propostas concretas que defenderá o BNG no Congreso serán a constitución dun complexo integral para a construción naval na ría de Ferrol que rache coa dependencia dos encargos da armada española a navantia, e a tarifa eléctrica galega, a gran proposta do BNG para poñer a nosa produción eléctrica a favor do desenvolvimento industrial de Galiza e nomeadamente da comarca de Ferrol.
Os representantes do persoal facían fincapé na necesidade de modernizar os instalacións e dotalas das infraestruturas necesarias para ser competitivas no actual contexto mundial, “Navantia ría de Ferrol precisa dun grupo potente do BNG.
Os prezos eléctricos son fundamentais para o desenvolvimento industrial en xeral e con especial incidencia na industria electrointensiva como MEGASA, a día de hoxe con paradas continuas e redución de quendas polos elevados custes eléctricos provocados polas guerras enerxéticas, mais tamén por causa do deseño centralista do mercado eléctrico español.
O BNG sempre defendeu que un país como Galiza, excedentario en produción eléctrica, debería poder aproveitar esa vantaxe competitiva para promover o seu desenvolvimento industrial, e para isto compren decisións políticas a favor de crear instrumentos como a Tarifa eléctrica galega, unha das propostas coas que o BNG está máis comprometido dado o seu potencial.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.