O alcalde, José Manuel Rey Varela, acompañou aos bombeiros no recibimento ao deportista madrileño no parque de A Gándara, logo de catro voltas a un circuito circular pola cidade, nun desafío que inclúe unha carreira de longa distancia diaria durante todo o mes de agosto en diferentes puntos do país.

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, en representación do Concello, sumouse á campaña protagonizada por un bombeiro madrileño, que ten como obxectivo dar visibilidade á prevención contra o suicidio.
O rexedor acompoñaou aos bombeiros municipais do parque de A Gándara – colaboradores coa iniciativa- no recibimento a Jaime Domínguez, coñecido como Jimmy Go, á súa chegada á base dos bombeiros, tras percorrer os 42 quilómetros do trazado por un circuito circular de catro voltas.
Rey Varela felicitou a Jimmy Go por completar o reto e puxo en valor a importancia de iniciativas que combinan deporte e solidariedade, contribuíndo a sensibilizar á sociedade e a dar visibilidade ás causas que motivan este tipo de desafíos.
O bombeiro do Ayuntamiento de Madrid percorre España a base de completar maratóns diarias. Fai un kilómetro por cada persona que morreu por suicidio no 2024; así ata completar 3.953 quilómetros baixo o reto denominado Romper el Silecio, un proxecto de sensibilización sobre bullying e saúde mental infantil e xuvenil, que recorda que «falar pode salvar vidas».
Desde o 12 de abril, Jimmy correu 50 maratóns (2.100 quilómetros) e nesta nova fase está a completar un maratón diario desde o 1 ata o 30 de agosto: «En mi familia hemos sufrido tres suicidios. Como bombero he visto el impacto del silencio en situaciones que no se olvidan». É a súa forma de facer visible, a ollos da sociedade, que «detrás de cada cifra hay familias, amigos y vidas marcadas para siempre. Romper el Silencio nace para abrir espacios de escucha, prevención y acompañamiento».
A chegada a Ferrol é a maratón 26 no que vai de mes e supón un novo fito no percorrido solidario de Jimmy Go, que volveu demostrar que o deporte pode ser tamén unha poderosa ferramenta para transmitir valores como a solidariedade, a perseveranza e a capacidade de superación.
Os bombeiros de Ferrol acompañaron ao corredor durante a carreira (un por volta), ademáis de deportistas particulares que se quixeron sumar á iniciativa. E tamén colaboraou Saúde Mental, con personal e usuarios do colectivo no punto de avituallamento para ofrecer información sobre os trastornos e a labor da asociación.
A etapa anterior desenvolveuse en Viveiro e o reto continúa este xoves en A Coruña.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.