Valdoviño emite un bando coa reordenación do tráfico na contorna da praia de Pantín

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, vén de dictar un bando no que se recollen unha serie de medidas para mellorar a mobilidade e evitar colapsos circulatorios na contorna da praia de Pantín a raíz da afluencia de visitantes ao Abanca Pantin Classic Galicia Pro durante as xornadas centrais da competición.

As medidas entrarán en vigor este xoves, 27 de agosto, hasta o domingo 30. O novo mapa viario establece a dirección única: -Sentido O Ariño entre a igrexa de Pantín e O Ariño -Sentido Beceiros entre O Ariño e Beceiros -Sentido O Rodo entre O Ariño e O Rodo -Sentido As Traves entre As Traves e O Freixo -Sentido Cotellón entre O Cotellón e O Freixo.

Así mesmo, o acceso dende Marnela de Arriba ata o lugar de O Rodo será de doble dirección ata o cruce coa estrada da costa e, a partir de aquí, quedará prohibido o acceso ata a zona de Ariño.

Doutra banda, queda prohibida a circulación, durante os días do campionato, polas vías sinaladas anteriormente e en horario de 10 a 22 horas de vehículos cuxa lonxitude máxima autorizada exceda os sete metros. O bando pode consultarse na páxina web municipal e neste enlace  BANDO MUNICIPAL

Lea también

La Xunta destina más de dos millones de euros a trabajos de prevención de incendios forestales en A Coruña

Los trabajos en Ortigueira supusieron un desembolso de 200.000 euros, sumando los tratamientos preventivos, las …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *