Neda abre o prazo para apuntarse na iniciativa “Saberes e lembranzas”, destinada a maiores de 60

Unha proposta que conecta medioambiente, reminiscencia e actividade física. O Concello de Neda abre o prazo de inscrición na biblioteca municipal para a iniciativa “Saberes e lembranzas”, unha proposta dirixida a que as persoas maiores do municipio refresquen canto saben sobre plantas habituais na contorna e mais os usos que tradicionalmente se lles deu. A actividade gratuíta terá lugar o xoves da vindeira semana.

O educador ambiental Xavier Pujol estará á fronte desta actividade, concibida a modo de paseo didáctico pola contorna, favorecendo que os maiores de 60 anos, público obxectivo da actividade, comparta os seus saberes, e descubra curiosidades sobre herbas, plantas e árbores habituais na localidade facendo memoria das propiedades e uso que tiveron tempo atrás.

Trátase pois de que refresquen recordos vagos tirando do fío da botánica. Faranse dúas pequenas camiñadas o xoves 20 en horario matinal. A primeira está prevista para as 10:30 horas con saída do local social de Viladonelle. E a segunda terá lugar o mesmo día, a partir das 12:00 horas, con saída do adro da igrexa de Santa María.

As persoas interesadas teñen ata o martes 18 de agosto para anotarse na biblioteca municipal, ben de forma presencial, ben a través do teléfono 981390233. As prazas son limitadas.

Lea también

La SGHN invita a explorar el mundo marino de las Illas Mirandas, en Ares

La delegación de Ferrol de la Sociedade Galega de Historia Natural invita a explorar el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *