As Pontes destina 40.000€ en apoio á creación e consolidación de novos proyectos empresariais

O Concello das Pontes reforza a súa aposta polo emprendemento local cunha nova edición do programa “As Pontes Emprende”, que este ano conta cunha dotación de 40.000 euros destinada a fomentar a creación de empresas, apoiar ás persoas autónomas e contribuír á dinamización da actividade económica e á xeración de emprego no municipio.

Fuente Concello de As Pontes

A iniciativa alcanza en 2026 a súa duodécima edición desde a súa posta en marcha en 2015 e ten como obxectivo principal incentivar a creación de novos proxectos empresariais, apoiar ás persoas emprendedoras nos primeiros pasos da súa actividade e contribuír ao fortalecemento do tecido das pequenas e medianas empresas do municipio.

A continuidade do programa permite consolidar unha liña de apoio ao emprendemento que, ao longo das súas diferentes edicións, contribuíu á posta en marcha de novos negocios e á xeración de emprego, ao tempo que favorece a diversificación e o fortalecemento da economía local.

Así, desde a súa posta en marcha, o programa “As Pontes Emprende” ten mobilizado 389.000 euros, apoiando preto de 130 proxectos emprendedores e favorecendo a creación de máis de 150 postos de traballo directos en sectores como o comercio local, a hostalaría, a construción e os servizos profesionais.

O Concello das Pontes destaca o impacto desta iniciativa como unha ferramenta de apoio directo ás persoas que deciden poñer en marcha unha actividade económica no municipio, facilitando recursos para afrontar parte dos custos asociados aos primeiros momentos da actividade empresarial.

DÚAS LIÑAS DE AXUDAS: IMPÚLSATE E INSTÁLATE

O programa “As Pontes Emprende 2026” articúlase en dúas liñas de axuda diferenciadas: a liña Impúlsate: destinada a subvencionar os gastos de alugueiro dos locais ou espazos nos que se desenvolva a actividade, cunha contía máxima de 2.000 euros por proxecto e a liña Instálate: destinada a cubrir os gastos de inmobilizado material e os investimentos necesarios para a adecuación de locais e instalacións, cunha contía máxima de 2.000 euros por proxecto.

Deste xeito, cada persoa ou entidade beneficiaria poderá acceder a unha axuda máxima de 4.000 euros, no caso de cumprir os requisitos establecidos para ambas as liñas.

Estas achegas están orientadas a reducir as principais barreiras económicas ás que se enfrontan as persoas emprendedoras nos primeiros pasos da súa actividade, facilitando a posta en marcha dos proxectos e contribuíndo á súa viabilidade e consolidación.

APOIO Á CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN EMPRESARIAL

As axudas están dirixidas ás persoas empresarias individuais e ás pequenas e medianas empresas que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria e que desenvolvan a súa actividade no termo municipal das Pontes.

Entre as condicións recollidas na convocatoria figuran as relativas á antigüidade dos proxectos, á localización da actividade e á natureza dos gastos subvencionables, así como o compromiso de manter a actividade durante o período establecido nas bases.

Con esta nova edición, o Concello das Pontes dá continuidade a unha iniciativa que se consolidou como unha ferramenta de apoio ao emprendemento e á actividade económica local, ofrecendo respaldo económico a novos proxectos e contribuíndo á creación de emprego e á dinamización do municipio.

INFORMACIÓN E PRAZOS

As bases reguladoras da convocatoria “As Pontes Emprende 2026” foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) número 150, do 10 de agosto de 2026.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 30 de setembro de 2026, de acordo cos procedementos e requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Para máis información, consulta das bases ou asesoramento durante o proceso de solicitude, as persoas interesadasç poderán dirixirse ao Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC) onde se ofrece acompañamento técnico para facilitar a tramitación das axudas.

Lea también

As Pontes proxecta melloras nos camiños municipais de Sexe e Pumar-Fragachá

A actuación, financiada por AGADER con 120.413,15 euros a través do Plan Mellora de Camiños …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *