Ferrol en Común en desacordo coa xestión das marquesiñas por parte do goberno local

«O fomento do transporte público pasa por ofrecer un servizo de calidade, o que inclúe claridade e información de frecuencias e paradas, vehículos modernos e accesibles, ademais de marquesiñas adaptadas ás necesidades cidadás» expón Ferrol en Común a través dun comunicado.

Fuente FeC

Dende FeC «xa no seu momento denunciamos que unha das mrquesiñas dunha das paradas máis frecuentadas, á da praza do Callao, fora desmantelada sen previo aviso, sen ningún tipo de xustificación e durante semanas».

Ferrol en Común engade que en tempos de cambio climático e constantes vagas de calor resulta insólito que o Goberno local «retire infraestruturas que daban un bo servizo á cidadanía, sen prazo, nin explicación».

«Finalmente a marquesiña foi reposta, como moitas da comarca, nun plan de reposición da Xunta de Galicia, que non dá resposta nin de lonxe ás necesidades sociais, con marquesiñas ridículas, con unicamente unha ou dúas prazas, e empeorando totalmente a situación anterior, ademais dunha colocación moi deficiente na súa execución».

«Todo isto unicamente redunda no deterioro progresivo do servizo, que fomenta o uso do vehículo particular e dá pé a un desmantelamento máis dun servizo público imprescindible».

Fuente FeC

Ferrol en Común «esixe ao goberno local que se dirixa á Dirección Xeral de Mobilidade, con fin de que se produza unha rectificación, coa colocación de marquesiñas acordes a unha cidade como Ferrol, que dea resposta a situacións sociais e reais, como o uso das mesmas por parte da xente maior ou de persoas con algún tipo de diversidade funcional, que tal e como están configuradas actualmente, non teñen máis alternativa que agardar o autobús urbano á intemperie, soportando a calor ou, cando chegue o inverno, sen ter onde refuxiarse da choiva».

Lea también

Ferrol invertirá 660.000 euros en mejorar dos km de la carretera de Castilla

El Gobierno municipal ferrolano continúa así con su plan de recuperación y mantenimiento de las …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *