A Compañía Píscore recibe o Premio Público Infantil da Mostra de Teatro Galego de Cariño 2025

A Compañía Píscore recibiu este pasado venres o Premio Público Infantil da Mostra de Teatro Galego de Cariño 2025, un galardón que recoñece a proposta mellor valorada polo público familiar na pasada edición do certame.

O premio foi entregado polo concelleiro de Cultura, Andrés Balado, tras a representación de «Concerto Singular» espectáculo co que a compañía regresou este ano ao escenario da Mostra. Píscore acadou este recoñecemento grazas a «Molto Barroco» a proposta coa que participou na edición de 2025 e que sumou un total de 684 puntos, converténdose na obra infantil favorita do público.

A Mostra despedirase este sábado con dous espectáculos de balde

A programación despedirase este sábado 8 de agosto, cunha dobre cita na Porta da Pulida. Ás 13:00 horas, a compañía A Vela Circo ofrecerá «Enredos» un espectáculo circense para todos os públicos. Xa pola noite, ás 22:00 horas, o ilusionista Joshua Kenneth pechará esta edición con «Degustación de imposibles» un espectáculo de maxia tamén para todos os públicos.

Lea también

Neda proxecta o ensaio fílmico “Salvaxe, salvaxe”, unha reflexión sobre a cohabitación entre lobos e humanos

O Concello de Neda programa este venres, a partir das 20:30 horas, unha nova entrega …