Equiocio Ferrol acolleu o arranque do Concurso Nacional de Salto para Ponis (CNSP1). Desta volta, o certame inclúe probas en media ducia de categorías e ata unha trintena de deportistas chegados de toda Galicia.

A competición é valedoira para a Copa de Campeones. Tras unha xornada inicial centrada nas probas territoriais, que serviron de quecemento a algúns dos xinetes e amazonas participantes, as probas do nacional, baixo baremo A con cronómetro, abrían a competición deste venres.

Equiocio Ferrol referenda deste modo a súa aposta pola canteira da hípica galega, converténdose nunha cita obrigada para os deportistas mozos, destacando a presenza de deportistas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. No que atinxe aos primeiros resultados, cómpre distinguir pola súa brillante participación das irmás Lucía e María González Branco, nas categorías A e B respectivamente, que seguen a estela do seu pai Javier González Fraga “Fino”.

VENCEDORES POR CATEGORÍA
Ponis A Lucía González Blanco, a lombos de Bier
Ponis B María González Blanco, a lombos de Utika du Chigny
Ponis B2 Daniela Fernández Romeu, a lombos de Whitediamond DC
Ponis C Irene Suárez Sanmartín, a lombos de Guus
Ponis C2 Antía Domínguez Rodríguez, a lombos de Wilhelm Kili
Ponis D2 Alejandro Blanco Pintos, a lombos de Rayo
A edición 35 aniversario de Equiocio Ferrol contará co patrocinio de Xunta de Galicia, Turismo de Galicia, Concello de Ferrol, Deputación da Coruña, Estrella Galicia, Gadis, Integral Motion, Deporte Galego e as colaboracións de JRilo, Pavo, a Federación Hípica Galega, e a Comunidade de Montes veciñais en man común de Covas- Esmelle.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.